"Os xa pasados días 29, 30 e 31 de marzo do 2013 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou nos pavillóns de Navia e Bouzas os xa tradicionais Torneos de Semana Santa de categoría cadete e infantil, o 6º Torneo Internacional Cadete e o 5º Torneo Internacional Infantil.
Un total de 27 equipos participaron nas novas edicións do torneo, xuntando ao longo das tres xornadas a preto de 500 deportistas e máis de 50 técnicos e adestradores que disputaron un total de 36 partidos.
.
O Maristas Club Baloncesto (Valladolid) na Serie "B" Masculina, o CPN Basquetebol (Porto - Portugal) na Serie Feminina, e o Grupo Desportivo Basquete Leça (Porto) na Serie "A" Masculina, proclamáronse novos campións do 6º Torneo Internacional Cadete 2013 "30 Anos co Deporte Base".
.
(As xogadoras do CPN Basquetebol campioas da Serie Feminina do torneo)
.
Na Serie "B" Masculina participaron os equipos Maristas Club Baloncesto (Valladolid) que disputou a final ante o FC Porto (Porto - Portugal), o Seis do Nadal "B", Ferrol CB, COB Ourense e Colexio Salesianos (Vigo). Os equipos que
participaron na Serie Feminina foron o CPN Basquetebol (Porto - Portugal) e Seis do Nadal - Coia que disputaron a final da serie, o CB O Meco (O Grove), Carmelitas Vedruna (Ourense), Pío XII (Santiago de Compostela) e CB Arxil (Pontevedra). Os conxuntos que protagonizaron a Serie "A" Masculina foron os finalistas Grupo Desportivo Basquete Leça (Porto - Portugal) e Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, o Liceo Casino (Vilagarcía de Arousa), CB Baiona, Marín Peixegalego e Porriño Baloncesto Base.

(O Maristas CB de Valladolid proclamouse campión da Serie "B" Masculina)
.
O 5º Torneo Internacional Infantil 2013 "30 Anos co Deporte Base" tamén rematou con tres novos combinados campións: o Compañía de María (Santiago de Compostela) na Serie Masculina "Autoescuela Coya", o CPN Basquetebol (Porto - Portugal) na Serie Feminina "Decomar", e o Golosinas Meloso Seis do Nadal na Serie Masculina "Golosinas Meloso".
O cadro de equipos participantes nesta nova edición do torneo infantil completouse cos equipos masculinos Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, Baloncesto Base Club BBC (Vilagarcía de Arousa), Eduardo Blanco Amor (Ourense) e CB O Meco (O Grove); e os equipos femininos Seis do Nadal Illas Cíes e CB Airexa Nigrán.
...
(O Golosinas Meloso Seis do Nadal foi campión dunha serie do Torneo Infantil)
.
Nos actos de clausura e na entrega de premios das distintas xornadas dos Torneos Internacionais de Semana Santa Cadete e Infantil 2013 estiveron presentes Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do
Concello de Vigo; Juan Yáñez, en representación de Decomar; Arturo Astray, en representación de Syngenta; Manuel Dapena, Director de CEP Celso Emilio Ferreiro; Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García, Secretaria da entidade; Julio Rodríguez, Directivo do club vigués; Sergio González, Director Deportivo do club; Breixo Solla, adestrador e técnico do club de Coia; e Manuel Mallo, colaborador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia."

in: http://www.baloncestoseisdonadalcoia.blogspot.pt/2013/04/os-torneos-internacionais-de-semana.html
fotos de: Mónica Campos
Sem comentários:
Enviar um comentário